Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Últimas prazas: Curso Interpretación para comunicar con medios expositivos

Seminarios e conferencias

01-12-2017 ata: 03-12-2017

Interpretación para comunicar con medios expositivos: en instalacións museográficas e centros de interpretación

 

INTERPRETACIÓN PARA COMUNICAR CON MEDIOS EXPOSITIVOS

 


Lembramos que do 1 ao 3 de decembro o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), co apoio do Museo de Os Oleiros, organiza o Curso ‘Interpretación para comunicar con medios expositivos: en instalacións museográficas e centros de interpretación’. A actividade, impartida polo experto en interpretación do patrimonio Jorge Morales, pretende dar a coñecer as posibilidades e aplicacións desta disciplina no deseño de exhibicións de museos e centros de interpretación, ademáis de prácticas no deseño de mensaxes creativas e efectivas. As prazas son limitadas.
Máis información: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/interpretacion-para-comunicar-con-medios-expositivos-en-instalacions-museograficas-e