Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Fin de semana Ancares - Ruta cultural ríos de Mondariz

Deporte e benestar

15-11-2017 ata: 20-11-2017
Ruta infantil - xuvenil aos Ancares

1.- Entidade organizadora:
Actividade desenvolta polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia.
 
2.- Persoas destinatarias:
Actividade dirixida a fillos/as das persoas pertencentes á comunidade universitaria sempre que vaian acompañados dun titor/a maior de idade. As persoas non universitarias que queiran participar na actividade deberán contactar directamente coa entidade organizadora Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia.
 
3.- Descrición da ruta: ascensión ao 3 Bispos, visita a Piornedo e ascensión ao Mustallar. Do 8 ao 10 de decembro.

 

4.- Inscricións:
1.- Realiza a preinscrición nesta web (tanto do adulto/a como do neno/a).
2.- Fai o pagamento á entidade colaboradora (Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia).
3.- Reserva de prazas para a comunidade universitaria ata o 17 de novembro.
 
5.- Información xeral de interese:
- O custe da inscrición será de 28 € por persoa adulta, 20 € o primeiro neno/a e 12 o segundo/a. O aloxamento será en réxime de media pensión no Albergue Club Ancares (dormir, cear e almorzar): 20 € en liteira e 26 € en cama, con saco.
- Equipo aconsellable: roupa e calzado adecuado (preferentemente botas), unha mochila con auga, froitos secos e un bocadillo para o xantar e una prenda de abrigo e chuvasqueiro en caso de choiva.
- Haberá un autobús que sairá de praza de España o día 8 ás 09:00 h (diante da sede do RC Celta).
 
6.- Máis información e contacto:
Tlef: 660 693 535
 
 

Ruta nº 3 RÍOS DE MONDARIZ (sábado 18 novembro)

. Saída autobuses: 

- Praza Galicia nº5 Nakasa Interiorismo (Pontevedra): 9.00

- Areal nº 46 (Vigo): 9.25

- Café-Bar Bekas (Ourense): 

- Reunión dos tres campus na Cafetería Chocolat (Balneario Mondariz): 10.15

 

1.1 Inscricións

Ata o xoves 9 de novembro. Inscrición Online. Os puntos de información presenciais son as Áreas de Servizos á Comunidade dos campus de Ourense e Pontevedra e a Sección de Extensión Universitaria no campus de Vigo.

 

1.2 Tarifas 

Actividade

Comunidade  Uvigo

Persoas alleas 

Ruta cultural de 1 dia

12 €

18 €

Ruta cultural de 2 días

30 €

40 €

Bono 5 rutas culturais de 1 día

48 €

90 €

Bono 10 rutas culturais de 1 día

96 €

-

 

1.3 Recoñecemento ECTs

Concederanse 7,5 horas ECTS por cada ruta dun día de duración e 15 horas ECTS polas de dous días de duración

 

1.4 Horarios e transporte

Haberá autobuses para trasladar aos participantes o inicio de cada ruta dende os Campus de Ourense (Cafetería Bekas), Pontevedra (Praza de Galicia nº5, Nakasa Interiorismo) e Vigo (Antiga Reitoría da rúa Areal). O horario de saída para cada ruta comunicarase durante a semana previa.

 

1.5 Información de interese

Equipo aconsellable: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas, agás a 4, cada participante levará a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc. )

Asemade, e vista a boa acollida do 1º Concurso Fotográfico dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo, este ano repetiremos cunha convocatoria por cuadrimestre.

Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue: http://roteirosuvigo.blogspot.com/ e no Facebook dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo.