Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Finde.U 2017- Feira Internacional de Emprego Universitario

Área de Emprego e Emprendemento

23-10-2017 ata: 25-10-2017

Mañán 24 de outubro, en IFEVI, abre as súas portas a Finde.U – Feira internacional de Emprego coa presencia de 60 destacadas empresas e organizacións en busca de talento universitario en todos os ámbitos de coñecemento.

Entidades como PSA, Faurecia, Borgwarner, Abanca, Garrigues, Finsa, Cortizo, Education First, Hotusa, Leroy Merlin, Decathlon e moitas máis participan neste importante foro de emprego que na súa edición anterior xestionou máis de 1.500 ofertas de emprego e prácticas e arredor de 5.000 CV.

Para presentar a candidatura a algunha destas ofertas, antes de acercarse a IFEVI é preciso inscribirse en www.beamian.com/finde

 

A xornada de mañán contará co seguinte programa de conferencias de entrada libre:

 

11:30 h. Smart people by Grupo Hotusa

Ricardo Jover - Grupo Hotusa

12:00 h. Assystem Iberia, empresa do presente con grandes proxectos de futuro

Amparo Soriano - Assystem Iberica, S.L.

12:30 h. Descubre, desenvolve e potencia o teu talento

Rocio Rial - Coach Lider

13:00 h. Programas de bolsas FEUGA

Santiago Alvarez Iglesias - Subdirector Xeral de FEUGA

13:30 h. Working in France. An overview on a different labour market

Emilie Dias - Dias & Associés

16:00 h. O asesoramento profesional no seguro

Francisco Bello Bello- MGS Seguros 

16:30 h. Cortizo: apostamos polo talento galego na industria

Francisco Mouriño- Aluminios Cortizo

17:00 h. Que perfil profesional se require para acceder a un despacho xurídico?

Ignacio Varela Álvarez - Garrigues

17:30 h. Programa “Challenge” Levantina, aceptas o reto?

Gabriel Miguel e Yolanda Llinares - Levantina y Asociados de Minerales

 

Toda a información sobre a Finde.U en www.uvigo.gal/findeu-2017