Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Talent At Work

Área de Emprego e Emprendemento

20-10-2017 ata: 26-10-2017

O día 25 de outubro, enmarcada nas actividades da Finde.U - Feira Internacional de Emprego Universitario, terá lugar en IFEVI a xornada Talent At Work organizada por Human Age Institute, Universia e www.trabajando.com.

Talent at Work é un proxecto dirixido a mellorar as competencias e a empregabilidade de mozos e mozas universitarios convertíndose nun encontro no que profesionais de recursos humanos e empresarios lles axudan a comprender o que hoxe en día demanda o mercado, á vez que lles ofrecen unha visión práctica do panorama laboral actual e información clave para coñecer as oportunidades de traballo reais.

PROGRAMA

10:30 - 11:00 IMPULSA A TÚA EMPREGABILIDADE NA ERA DO TALENTO con Pablo González Ruiz da Torre Fundador e CEO de Pangea e Influencer de Human Age Institute.

11:00 - 12:00 QUE QUEREMOS AS EMPRESAS? Debate con Directores de Recursos Humanos. 

  • ABANCA: Francisco Mateo Alonso, Director de Captación de Talento
  • CORTIZO: Francisco Javier Mouriño Carrera, Director de Formación e de Captación de Talento
  • PESCANOVA: Ismael Sánchez de Prada, Director de Desenvolvemento e Formación Corporativo de Persoas
  • GRADIANT: Leticia Torrejón, Responsable de Selección e Xestión do Talento

12:00 - 13:00 TALLERES TOP TALENT

  • CURRÍCULO 2.0: Como potenciar a marca persoal en redes sociais para conseguir emprego.
  • ELEVATOR PITCH: Claves para unha comunicación que capte a atención de empregadaores e avaliadores.

13:00 - 14:30 AGORA SI! Asesoramentos personalizados

Máis información aquí

Inscrición aquí