Aberta a preinscrición do curso Conceptos, lexislación e políticas de igualdade na Universidade de Vigo (Campus de Vigo)

Formación de Profesorado

06-11-2017 ata: 22-11-2017

Comunicámoslle que está aberto o prazo de preinscrición do curso Conceptos, lexislación e políticas de igualdade na Universidade de Vigo. Este desenvolverase no Campus de Vigo en modalidade semipresencial do 6 ao 22 de novembro.

A formación en igualdade abrangue entre os seus obxectivos facer visibles os impedimentos que aínda persisten para acadar un verdadeiro equilibrio entre mulleres e homes, o que no contexto máis inmediato do eido da xestión e formación universitaria, serviría para atopar fórmulas e modelos de convivencia para facer real e efectiva esa igualdade, nunha perspectiva transversal aliñada cara unha práctica profesional de calidade.

Ligazón para preinscribirse: https://bubela.uvigo.es/curso/3122