Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Incremento salarial 1%

Información xeral

28-09-2017 ata: 27-12-2017

A lei 3/2017, do 27 de xuño de orzamentos xerais do estado para o ano 2017 (BOE 28 xuño) aprobaba un incremento salarial do 1% con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2017.

          Coa nómina de xullo, que tiña incorporada a actualización salarial, percibíronse, ademais, os atrasos -incremento do 1%- correspondentes ao mes de xuño e paga extra de xuño. Así mesmo, actualizáronse as correspondentes cotas de dereitos pasivos e MUFACE.         

          Como xa se indicaba na nota informativa do mes de xullo, na nómina de setembro incorpórase a actualización salarial -incremento do 1%- correspondente aos meses de xaneiro a maio de 2017.

 

O Servizo retribucións e seguros sociais