Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Correos recibidos solicitando datos de acceso

Información xeral

19-09-2017 ata: 30-09-2017

Bos días.

Cada pouco tempo é moi habitual recibir correos solicitando as claves de acceso para validar contas de usuario, especialmente contas de correo electrónico.

Estes correos son sempre un fraude polo que é imprescindible ignoralos, non responder a eles e moito menos premer nas ligazóns que conteñan. Nin dende a Universidade de Vigo nin dende calquera outra empresa ou institución se emprega este método para realizar actualizacións de datos.


Por exemplo:
---------------------------------------
Debido al nuevo cambio en curso en nuestra página de inicio de sesión de
webmail, debe validar su inicio de sesión de correo web para permitirle
continuar utilizando nuestros servicios de correo. Haga clic en el enlace de abajo para validar su correo electrónico ingresando a su cuenta:

HAGA CLIC AQUÍ PARA VALIDAR SU CUENTA

http://*********/uvigo.es/

Si no lo hace, resultará en un acceso limitado a su buzón de correo.

Gracias por elegir nuestros servicios de correo web
---------------------------------------------

Un saúdo.