Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Propostas para a elaboración do Programa de Formación Permanente do Profesorado 2018

Formación de Profesorado

18-09-2017 ata: 15-11-2017

Estimado persoal docente e investigador,

Desde a Área de Formación e Innovación estamos comezando a planificar o Programa de Formación Permanente do Profesorado para o ano 2018.

Pedímoste que nos envíes propostas sobre actividades formativas que consideras relevantes para a túa actualización docente. Cremos que a túa participación é esencial para a mellorar o noso labor.

Achegamos un formulario cos datos básicos precisos para estudar as actividades formativas.

As propostas deben enviarse a:

innovacion.educativa@uvigo.es

Área de Formación e  Innovación Educativa
1º andar anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Vigo
36310 Vigo

Para aclarar aquelas dúbidas que che poidan xurdir podes dirixirte á Área de Formación e Innovación Educativa no teléfono:  986  812 035.

 

O prazo de envío de solicitudes rematará o 15 de novembro de 2017.