Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornada Prevención de riscos nos traballos con manexo de gases en laboratorios

Prevención de riscos laborais

14-09-2017 ata: 06-10-2017

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais comunica que ate o día 2 de outubro, está aberto o período de inscrición na “Xornada Prevención de riscos nos traballos con manexo de gases en laboratorios” dirixido a directores/as, decanos/as, responsables dos laboratorios, persoal técnico de laboratorio, investigadores e persoal que manexe gases e estea exposto aos riscos que estes xeran.

A xornada impártese por videoconferencia para facilitar a asistencia do persoal dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.