Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Enquisas de Avaliación Docente (EAD) do 1º cuadrimestre do curso 2017-2018.

Información ao PDI

01-09-2017 ata: 30-12-2017

Estimado profesorado, 

Anunciamos que está en marcha o proceso de Enquisas de Avaliación Docente (EAD) do 1º cuadrimestre do curso 2017-2018. 

Para facilitar o proceso, xa está habilitada na Secretaría Virtual a aplicación para a Planificación de Enquisas de Avaliación Docente, co obxecto de que o profesorado poida planificar de maneira persoal as enquisas das materias que imparte e determine a data e horario de realización que lle conviñer.

A ruta de acceso é a seguinte:

 Páxina da UVigo – Secretaría Virtual – Control de acceso - Funcionalidades para o PDI - Planificación de Enquisas de Avaliación Docente.

 Para o Control de Acceso deben introducirse os datos habituais:

- Nº Documento de identificación 

- Número da tarxeta universitaria (NIU) 

- Contrasinal da tarxeta universitaria (NIU) 

O prazo de planificación individual por parte do profesorado remata o vindeiro 18 de setembro. Para facilitar esta tarefa, na Guía de Planificación das EAD inclúese información detallada sobre o proceso. Esta guía pode consultarse no seguinte enlace:

 http://calidade.uvigo.es/opencms/export/sites/calidade/calidade_gl/documentos/Guia_Planificacixn_2017-2018.pdf

Despois da data devandita, naqueles casos nos que o profesorado non tivese planificada a realización da/s súa/s enquisa/s, o centro poderá completar as planificacións correspondentes ás súas titulacións adscritas ata o día 26 de setembro. Unha vez completadas, cada docente poderá consultar na Secretaría Virtual os datos que lle atinxan das planificacións realizadas.

O cronograma xeral da realización das EAD neste cuadrimestre é o seguinte:

Titulacións de Grao e Mestrado

Planificación das enquisas                                                                                                                                                              

Planificación individualizada polo profesorado: 1 de setembro a 18 de setembro de 2017 

Revisión polos centros das planificacións realizadas:  19 de setembro a 26 de setembro de 2017 

Realización das enquisas:  09 de outubro a 21 de decembro de 2017

  IMPORTANTE: O profesorado das materias que rematen a docencia con anterioridade ó inicio do proceso (materias bimestrais, por exemplo) pode mandar a planificación directamente ó correo tscalidade2@uvigo.es.

 Calquera dúbida pode formularse na Área de Calidade no e-mail: tscalidade2@uvigo.es

 Atentamente,

Xosé María Gómez Clemente 

Director da Área de Calidade 

Vicerreitorado de Organización Académica e Profesorado

Tlf.: 986813625/ 647343282