Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Premio ao mellor Proxecto Universitario con licenza libre

Concursos e Premios

19-07-2017 ata: 01-10-2017

Bo día, a Oficina de Software Libre do CIXUG [1] en colaboración coa AMTEGA [2] e mancomun.org[3] presenta o Premio ao mellor Proxecto Universitario con licenza libre [4] para que o teña presente no caso de que deba tomar unha decisión en canto á liberación do seu traballo, ou o uso dunha ferramenta libre ou privativa. O prazo de inscrición remata o 30 de setembro.

As condicións principais que debe cumprir o/a interesado/a en participar son as seguintes:

1.- Que sexa realizado cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación.
2.- Que o software desenvolvido sexa liberado baixo unha licenza libre entre as recoñecidas como tal, pola Free Software Foundation [5] ou a Open Source Initiative [6].
3.-Tamén poden participar proxectos que fagan uso de Hardware Libre

Pode consultar con máis detalle as bases [7] da X edición, no que hai un primeiro premio de 1.500 €, e un segundo de 750 € patrocinado pola asociación GPUL [8].

Para estar ao día das novidades, tamén pode subscribirse á lista de correo do Premio [9]

Se fóra preciso resolver algunha dúbida, pode contactar coa Oficina de Software Libre a través dos medios indicados na sinatura desta mensaxe.

Un cordial saúdo.

--

CIXUG - Oficina de Software Libre <http://osl.cixug.es>
Roberto Martín
/Coordinador da Oficina de Software Libre/
osl@cixug.es <mailto:osl@cixug.es>
+34 647 35 30 72 //

--

[1] https://www.cixug.es/
[2] https://amtega.xunta.gal/
[3] https://www.mancomun.gal/
[4] https://www.mancomun.gal/premiopfc
[5] https://www.gnu.org/licenses/license-list.html#SoftwareLicenses
[6] https://opensource.org/licenses
[7] https://www.mancomun.gal/premiopfc/bases/
[8] http://www.gpul.org