Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Claustro Universitario

Información xeral

01-12-2014 ata: 01-03-2015

Comunícase que por orde do Sr. Mgfco. Reitor se convocou o Claustro Universitario no que se celebrarán eleccións a membro dos seguintes órganos colexiados:

Comisión encargada da modificación dos Estatutos; Tribunal de Garantías; Comisión Electoral; Comisión de reclamacións a prazas do profesorado funcionario.

De acordo coa normativa que regula estes órganos colexiados, poderase presentar calquera membro da comunidade universitaria do sector correspondente.

Así mesmo, calquera membro da comunidade universitaria poderá presentar a súa candidatura á Comisión encargada da modificación dos Estatutos, e deberá estar avalada por 10 membros do Claustro Universitario.

A convocatoria do Claustro Universitario, xunto co seu orde do día, e os modelos de candidatura pódense obter do enlace que se achega.