Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Nota informativa Concurso PAS Funcionario

Información ao PAS

20-06-2017 ata: 18-09-2017

A Xerencia informa que o vindeiro 26 de xuño de 2017 publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución do concurso de méritos do PAS funcionario, convocado mediante a resolución do 9 de marzo de 2017.

 

Polo seu interese para o colectivo afectado e por razóns organizativas, dase publicidade á adxudicación definitiva (no arquivo que se achega) advertindo do seu carácter meramente informativo e que as relacións completas publicaranse o mesmo 26 de xuño, no seguinte enderezo electrónico: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/internas/funcionario/meritos/index.html