Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A Vicerreitoria de campus de Pontevedra anuncia a convocatoria do curso 36 Lecións de Cinema, co código 2017/847, dentro do seu programa de outras actividades culturais.
O curso está dirixido e coordenado por D. Jesús E. Novás Andrade e será impartido por D. Matías Piñeiro.
Nado en Buenos Aires en 1982, Matías Piñeiro estudou na Universidade do Cinema, onde posteriormente ensinou direción, guión e historia do cinema. Actualmente ensina direción cinematográfica no Pratt Institute en Brooklyn (New York) mentres desenvolve a curtametraxe Porcia e a longametraxe Ariel _co-dirixida co dineasta galego Lois Patiño_ quinta e sexta entrega da súa serie Las Shakespeareadas, sobre os roles femininos nas comedias de William Shakespeare.
"O primeiro contacto dunha persoa co cinema adoita ser común a todos: sentados ante unha pantalla expoñemo-nos durante máis ou menos minutos a imaxes e sons que compoñen unha obra que nos interpela. Desta experiencia algúns saen indemnes. Para outros, é o comezo de algo maior." (Matías Piñeiro)
O curso celebrara-se na Fac. de Belas Artes de Pontevedra, os días 29 e 30 de xuño, en horario de 10:00h. a 14:00h.
Conta con 50 prazas. Os prezos son de 40€ para persoas sen vinculación coa Uvigo e 26€ para a comunidade universitaria.
Para formalizar a inscrición e pagamento deverán dirixir-se ao enlace
https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=1222
O prazo de inscrición comezará o 1 de xuño e estará aberto até o 28 de xuño ou até que se cubran as prazas.
Máis información na Vicerreitoria de campus de Pontevedra e na área de servizos a comunidade do campus.
- xacopo@uvigo.gal
- 986 802 024