Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Enquisas de satisfacción das titulacións 2017

Información xeral

24-05-2017 ata: 31-05-2017

Lémbrase ao profesorado e ao estudantado de 3º curso de graos, e de mestrados, que o prazo para realizar as enquisas de satisfacción coas titulacións remata o 31 de maio do 2017.

Pódese realizar a enquisa na secretaría virtual: https://seix.uvigo.es/uvigo.sv/, dentro do bloque “ACCESO A APLICACIÓNS”. Ao premer, aparece, entroutras, a aplicación Enquisas de Avaliación da Satisfacción coas Titulacións oficiais.

 Lembramos que, ao ser a enquisa completamente anónima, se se entra a primeira vez, cumpriméntase algún ítem e non se remata a enquisa, xa non permite entrar unha segunda vez, porque a aplicación non asocia o DNI co perfil da/o usuaria/o que resposta, nin co que resposta, e polo tanto so pode discriminar se entrou na aplicación e/ou se respostou, inda que fora parcialmente.

 Para calquera dúbida, pode dirixirse a enquisas.calidade@uvigo.es ou ao/á coordinador/a de calidade do seu Centro.

http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/centros/informacion/coordinadores.html

Agradecemos de novo a participación do alumnado e do profesorado, para mellorar a representatividade das respostas, e poder utilizar a información para a priorización e o deseño dos Plans de Mellora.

 Atentamente,