Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Inscrición V Xornada Universitaria Galega en Xénero. Transformando dende a Universidade
Unidade de Igualdade
23-05-2017 ata: 07-07-2017Bo día.
Ábrese o prazo para inscribirse na V Xornada Universitaria Galega en Xénero. Transformando dende a Universidade,organizada polas tres universidades galegas e que este ano terá lugar en Vigo o 7 de xullo.
A conferencia inaugural será impartida por Raquel (Lucas) Platero Méndez, docente, investigador e activista dos dereitos LGTBIQ e levará por título «Feminismos e movementos trans na encrucillada»
A inscrición é gratuíta e estará aberta ata o 30 de xuño.
Poderá inscribirse premendo aquí: V Xornada Universitaria Galega en Xénero
- igualdade@uvigo.gal
- +34 986 813 419