Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso de Formación "Introdución aos sistemas aéreos non tripulados"

Cursos e exames

04-04-2017 ata: 07-06-2017

Curso de Formación "Introdución aos sistemas aéreos non tripulados”

O día 7 de xuño comeza o curso de formación en sistemas aéreos non tripulados (UAS), que acercará esta tecnoloxía a todo o alumnado de titulacións técnicas que queira ter un primeiro contacto con ela.

O curso será impartido por Higinio González Jorge, profesor Contratado Doutor da Área de Xeodesia e Teledetección da Universidade de Vigo, piloto certificado de drons dende o ano 2014.  Ten experiencia tanto a nivel de desenvolvemento como operación con diversos sistemas aéreos non tripulados, tanto de ala fixa como rotatoria, así como no relativo a subsistemas de navegación e sensores de imaxe embarcados, tanto activos como pasivos. Pertence o comité AENOR - CTN28 de certificación de UAS. O curso tocará aspectos relativos aos diferentes subsistemas que compoñen un UAS, enerxía, navegación, control, propulsión e payloads, así como os relativos a lexislación actual ou operación.