Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Estimado profesorado,
Xa pode acceder a través da Secretaría Virtual (>Acceso á secretaría virtual do PDI>Recoñecementos en POD) aos recoñecementos que a continuación se indican, relativos ás actividades de xestión da docencia, recollidos no apartado B.1 da "Normativa de recoñecemento de actividades docentes do PDI", dispoñible na páxina web da vicerreitoría: http://profesorado.uvigo.es/vicprof_gl/organizacion/normativa/.
- Bolsas de Máster
- Bolsas de Centros, excepto a da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
- Bolsa de Doutoramento
A suma final dos recoñecementos será corrixida á baixa no caso de que supere o máximo establecido na antedita Normativa.
O cómputo definitivo de recoñecementos publicarase na Secretaría Virtual no periodo previo á confección do POD polos Departamentos, en todo caso tralo remate do prazo para a presentación de alegacións.
*Ábrese un prazo ata o venres, 24 de marzo, para que o PDI envíe posibles alegacións (relativas exclusivamente aos recoñecementos indicados neste correo) mediante correo electrónico a direc.profesorado@uvigo.es
- vicprof@uvigo.gal
- +34 986 813 595