Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
I Convocatoria quinquenal polo programa DOCENTIA
Información ao PDI
01-12-2016 ata: 17-12-2016Estimado profesorado,
Comunicamos que na páxina web da área de Calidade ( http://calidade.uvigo.es/opencms/export/sites/calidade/calidade_gl/documentos/Convocatoria_QUINQUENAL_DOCENTIA.pdf ), pubicouse a I Convocatoria de Avaliación Quinquenal da Uvigo para a avaliación da actividade docente do profesorado por medio do programa DOCENTIA.
O prazo para cubrir a solicitude, na aplicación https://www.qdsug.es/docentia/uvi/ , é desde o 1 ata o 15 de decembro de 2016 (ámbolos dous incluídos), e o impreso xerado tras cubrir a dita solicitude, deberase presentar antes das 14:00h do venres, 16 de decembro de 2016 nos rexistros xerais ou auxiliares da Uvigo, ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015.
Neste prazo unicamente hai que presentar a solicitude.
As persoas seleccionadas para participar na convocatoria, presentarán a documentación nun prazo posterior.
Atentamente,
Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado
- vicprof@uvigo.gal
- +34 986 813 595