Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Cursos organizados pola EGAP

Información ao PAS

12-11-2014 ata: 10-02-2015

CURSOS ORGANIZADOS POLA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

(Resolución do 6 de agosto de 2014, DOG do 1 de setembro)

 

En relación coa realización na sede de Santiago das probas de carácter presencial e obrigatorias incluídas nos cursos convocados e organizados pola EGAP para o persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo, a Xerencia acordou o seguinte:

  1. Cando a proba se convoque en horario de traballo, autorizarase a asistencia polo tempo indispensable para a súa realización, que incluirá o tempo fixado para a mesma máis o de desprazamento dende a localidade do posto de traballo da persoa interesada:
    1. Campus de Ourense e Vigo: 90 minutos, ou 180 no suposto de que a ida e a volta se produzan dentro do horario de traballo.
    2. Campus de Pontevedra: 75 minutos, ou 150 no suposto de que a ida e a volta se produzan dentro do horario de traballo.
  2. Abonaranse, no seu caso, gastos de locomoción e autoestrada, xustificantes de transporte público.
  3. A documentación acreditativa incluirá formulario de axudas de custo, tiques de autoestrada e de transporte público e xustificante expedido pola EGAP de realización e horario da proba de que se trate.