Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Socioloxía: Socioloxía da educación Código P02G110V01105
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Traba Díaz, Amada
Correo-e amadat@uvigo.es
Profesorado
Porto Porto, Benjamín
Torres Outón, Sara María
Traba Díaz, Amada
Web
Descrición xeral Materia troncal na formación inicial do profesorado de Educación Infantil, imprescindible para que as e os futuros docentes comprendan a complexidade dos procesos e relacións educativas.
O programa pretende achegar as dimensións estruturais e ideolóxicas que preceden, condicionan e entrelazan os procesos educativos.
A reflexión que se fai nesta materia debería contribuír a unha praxe docente racional e consciente.
Os contidos céntranse fundamentalmente nos procesos de socialización e nas súas axencias e ámbitos principais, e, nomeadamente, na escolarización nas sociedades modernas; mais tamén se dá a debida importancia aos aspectos xerais da disciplina sociolóxica.

OBXECTIVOS:
- Abordar os aspectos sociais -non pedagóxicos nin didácticos- implicados nos procesos educativos.
- Contextualizar os procesos educativos no seu medio social e histórico, nomeadamente na actualidade.
- Adquirir coñecementos básicos de Socioloxía e poder usar as súas achegas teóricas como ferramentas de análise e comprensión da realidade social e educativa.
- Incorporar coñecementos de disciplinas afíns.
- Desenvolver capacidades de comprensión e análise do medio social e a capacidade de aplicación para avaliar e prever o impacto, máis alá da aula e da práctica profesional diaria, na integración da comunidade, na resolución de conflitos e na innovación educativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000