Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1.- Xénese e evolución da Socioloxía: A perspectiva sociolóxica. - Perspectiva sociolóxica, perspectiva global e perspectiva sociolóxica na vida cotiá
- A socioloxía como ciencia: orixes e desenvolvemento
- Teoría sociolóxica: principais paradigmas
- As novas perspectivas, con expecial mención á perspectiva de xénero
- Debate entre estrutura e acción
TEMA 2.- Conceptos sociolóxicos básicos - Introdución: concepto de sociedade, evolución e tipos de sociedade
- Individuo e sociedade, achegas da socioloxía clásica: Marx, Weber e Durkheim (conflito, racionalización, función, anomia)
- Cultura: conceptualización, diversidade cultural, subcultura e contracultura; símbolos, valores, normas, desviación e control social
- Estrutura social e interacción, status e rol.
- Estratificación social: clase, xénero e etnia.
- Grupos e organizacións.
- Metodoloxía, nocións básicas para o traballo de investigación: a definición do problema, as achegas teóricas, a formulación da hipótese, a escolla do deseño (distinción métodos e ferramentas básicas), recollida e compilación dos datos, interpretación dos resultados, elaboración de informe.

TEMA 3.- Socialización: marco xeral, familiar e escolar - Socialización: teorías, proceso e axencias; a socialización de xénero como exemplo de socialización diferencial.
- A socialización no marco da familia, os modelos de socialización familiar, a relación familia-escola.
- O ámbito específico da socioloxía da educación: da achega dos clásicos aos paradigmas actuais.
- O obxecto da socioloxía da educación: os niveis microsociolóxico, intermedio e macrosociolóxico.
- Os temas de interese na socioloxía da educación.
- O papel da escola na reprodución da sociedade.
- A eficacia da socialización escolar.

TEMA 4.- Sistema social e sistema educativo

- O sistema social e o sistema educativo: desenvolvemento
- Características comúns e xerais dos sistemas educativos: xeneralidade, obrigatoriedade, ramificación, burocratización.
- A orixe do sistema escolar.
- A xenealoxía do sistema educativo en España
TEMA 5.- O sistema educativo: funcións e proceso de reforma e readaptación permanente

- Funcións: socialización para o traballo, formación cívica, socialización para o consumo e o patriarcado, construción do consenso social a través da educación escolar, a creación de identidade nacional, a regulación do mercado de traballo, a custodia e vixilancia da infancia.
- Reforma escolar e políticas educativas
TEMA 6.- A estratificación social e as súas consecuencias no sistema educativo e nos individuos
- A abordaxe teórica da desigualdade
- Clases sociais e educación: clase social e rendemento escolar, os factores de logro escolar en relación coa clase social.
- O xénero como categoría relevante na desigualdade educativa. O sexismo nos contidos curriculares, na interacción informal e na organización do proceso educativo
- A etnia e a cultura como categoría relevante na análise da desigualdade e do logro: a diversidade cultural, a interculturalidade na sociedade global.
TEMA 7.- Cultura e educación: o currículo desde a perspectiva sociolóxica - O concepto de currículo, saberes escolares: o expreso e o oculto, espazo e tempo, a organización escolar.
- As relacións sociais do proceso educativo: inculcación, selección/omisión, segregación/inclusión
- A reprodución cultural e social e a violencia simbólica; os nesgos de xénero, de clase e étnicos
- Lingua e currículo
- A escola aparello de poder disciplinario
TEMA 8.- Os axentes principais do proceso educativo escolar - A análise sociolóxica do profesorado: a ambivalencia da profesión docente, o profesorado como categoría e como grupo de estatus. A feminización da profesión docente.
- A análise sociolóxica da infancia: a construción social da infancia, a infancia postmoderna, a condición social do alumnado e a distribución do poder na aula, as violencias nas escolas: burlas, castigos e agresións, a competencia cos medios de comunicación e os retos das novas tecnoloxías

TEMA 9.- A análise microsociolóxica da vida escolar - A aula como microsociedade: significación social da aula e da relación educativa, poder e estratificación: xénero, clase e etnia
- A aula como marco de comportamento: negociación, estigma e resistencia
- A comunicación na aula
- A socialización da forza de traballo: estratificación do traballo e socialización diferencial e constitución do individuo illado
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000