Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Recoméndase poñer atención á documentación que se sube á plataforma virtual FAITIC. Nela están desenvolvidos os temas, esquemas de traballo, fichas e guións para realizar comentarios e outros traballos voluntarios, guías (como a de análise de películas con perspectiva sociolóxica), novas, anuncios, calendario previsto de realizaión do programa e datas das probas de avaliación. Debe poñerse atención á bibliografía máis ampliada e bases de datos importantes para o desenvolvemento dos traballos. Recoméndase ver os vídeos, docuementais e películas que se propoñen nos diversos temas da materia pois creo que contribúen a abrir o foco sobre a sociedade. Recoméndase encarecidamente que se lea esta guía con atención para poder aclarar as dúbidas xa na sesión de presentación da materia o primeiro día e non pasemos o curso aclarando cuestións que xa están recollidas neste documento. Tamén é importante ler a prensa e estar ao tanto dos acontecementos, e ter unha actitude aberta, curiosa e crítica ante o mundo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000