Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación social no sistema educativo
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Educación social no sistema educativo Código O05G130V01304
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Fernández Fernández, José
Correo-e josefernandez@edu.xunta.es
Profesorado
Fernández Fernández, José
Web
Descrición xeral Coa impartición desta materia, que consta de 6 créditos ECTS de carácter obrigatorio, a impartir en 2º curso del Grado de Educación Social, trátase de aproximar a figura do educador/a social aos centros de ensino como un profesional que pretende dar resposta a diversas necesidades de intervención socioeducativa formando persoas e ciudadáns dispostos a enfrontarse ás realidades actuais. Unha realidade cada vez máis complexa, que plantexa novos problemas que precisan de profesionais que os entendan en profundidade e que, pola súa formación específica, poidan axudar a previlos e buscar solucións en colaboración con todos os membros da Comunidade Educativa e fomentando canles de transmisión que perfeccionen a comunicación conxunta entre ol centro escolar e a familia co fin de conseguir unha educación integral para o alumnado, sobre todo naqueles casos nos que as circunstancias poideran prexudicar de maneira contraproducente o progreso dos educandos.
A escola ten dificultades para facerse cargo das "disfuncionalidades" que nin a familia, nin os centros educativos, nin a comunidade ou ol entorno poden asumir ou cumprir.
Nesta liña, nunha institución escolar que debe atender múltiples demandas, a figura mediadora do educador/a social pode desempeñar un importante e transcendental cometido, facilitando a integración de distintos entornos educativos, aproximando os seus respectivos proxectos formativos e as influencias pedagóxicas que proveñen de diferentes ambientes. Por otra parte, e ademais das tarefas de mediación, o seu desempeño profesional poderá proxectarse en campos máis específicos, como son a educación familiar, a atención a problemas de protección e conflito na infancia, a prevención da violencia de xénero, a transición da escola á vida activa, a coordinación dos temas transversais ou ol fomento da asistencia á escola dos nenos e nenas máis desfavorecidos, evitando un absentismo que conduce frecuentemente ao l fracaso escolar e social.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000