Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación social no sistema educativo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Seguimento e participación activa no desenvolvemento diario das clases e das actividades presenciais teóricas e prácticas propostas, que se recollerán nun cartafol ou dossier. 10
Traballos tutelados Traballos que realiza o alumnado consultando bibliografía e documentación, resolición de casos prácticos. 15
Presentacións/exposicións Exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto ou dun traballo (previa presentación escrita). 25
Probas de resposta curta Proba individual de reflexión ou na que se dea conta que se entenderon os contidos da materia.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nas probas terase en conta o uso axeitado da presentación e exposición escrita (corrección ortográfica, expresión sintáctica e gramatical), o sentido crítico, o esforzo de síntese e a capacidade de relacionar datos.


As cualificacións indicadas en termos porcentuais no cadro in supra son as máximas que se poden acadar en cada un dos apartados.


A proba escrita constará de preguntas máis ben curtas, inda que de distinto grao de extensión. Algunha pode estar plantexada tipo test e constar dalgún caso práctico.


Para poder facer media e superar a materia é necesario que o alumnado presencial supere todas as probas referidas (dossier, traballos, exame), obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada un dos apartados avaliables. 




En calquera caso, considerarase suspenso a nota na cualificación global da materia que sexa inferior a 5 puntos.


 Alumnado non presencial


 -Realización de dous traballos tutelados relacionados coa temática da materia, para o que se debe pór en contacto co profesor ao inicio de curso e comunicarlle tal situación de forma debidamente xustificativa. Puntuación, ata 4 puntos. Para facer media é preciso obter neste apartado polo menos 2 puntos e participar nas dúas actividades propostas.


- Realización dun exame sobre o temario: ata 6 puntos. Para facer media é preciso conseguir un mínimo de 3 puntos por este apartado.


 Na segunda convocatoria, todo o alumnado conservará a parte (teórica ou práctica) xa superada e realizará só  aqueles apartados que non tivesen un grao de realización satisfactorio.


A data do exame  no primeiro período será o 12 de xaneiro de 2015 e para o 2º período o día 30 de xullo. 


O exme de Fin de carreira terá lugar o día 17 de outubro de 2014. 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000