Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación social no sistema educativo
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Integrar criticamente os supostos teóricos, filosóficos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, culturais, políticos, lexislativos que están na base dos procesos de intervención socioeducativa
A3 Asumir e orientarse segundo valores de igualdade e de cidadanía democrática, e capacitar para a prevención e a mediación en casos de violencia nas súas diferentes manifestacións (simbólica, de xénero, laboral, escolar, sexual, étnica...)
A4 Analizar e diagnosticar a realidade complexa que fundamenta o desenvolvemento dos procesos socioeducativos
A7 Manexar con criterio métodos e estratexias de investigación cuantitativas e cualitativas, e aplicalas ás realidades socioeducativas
A8 Potenciar estruturas e procesos de participación e acción comunitaria, aplicando programas e técnicas de intervención (dinámica de grupos, motivación, negociación e promoción da asertividade...)
A9 Desenvolver programas e proxectos no contexto familiar e escolar
A10 Desenvolver programas e proxectos no ámbito da educación especializada (menores, necesidades educativas especiais, centros de saúde, condutas adictivas, institucións penitenciarias, e persoas e colectivos en risco de exclusión...)
A11 Organizar e administrar proxectos e servizos culturais, ambientais, de lecer e tempo libre
A20 Asesorar na elaboración e aplicación de plans, programas, proxectos e actividades socioeducativas
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Planificación e organización
B3 Comunicación oral e escrita na/s lingua/s materna/s con apertura a outros códigos lingüísticos, en especial, as linguas cooficiais na comunidade galega
B5 Xestión da información
B9 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos doutras áreas e en distintos contextos
B12 Compromiso ético
B16 Liderado
B18 Apertura á aprendizaxe ao longo de toda a vida
B20 Orientación á calidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000