PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Avaliación continua Non se esixe asistencia a clase para acollerse ao sistema de avaliación continua. Recoméndase, con todo, a todo o alumnado, que asista as clases na medida das suas posibilidades. É responsabilidade do alumnado, tanto presencial como semipresencial, asista ou non ás clases, manterse ao tanto da materia (e das novidades ou axustes que se poidan producir ao longo do curso) a través do contacto coa docente e da plataforma MOOVI.
A avaliación estrutúrase en tres partes: 1. Presentación de exercicios breves (30%) 2. Traballo escrito (30%) 3. Exame (40%). Neste exame, que terá lugar na data previstano calendario oficial da Facultade, concéntranse as partes da avaliación definidas como "exame: preguntas abertas" e "exame: exercicios,actividades e problemas".
A información sobre as datas de entrega dos traballos e apresentación oral, así como as instrucións para abordalos, estará dispoñible en MOOVI. Avaliación única O alumnado que opte pola avaliación única deberá superar as tres partes da avaliación (exercicios breves, traballo escrito e exame) na data oficial de exame sinalada pola Facultade. O alumnado que opte por este sistema deberá comunicalo por escrito (correo electrónico) á docente antes do 1 de outubro. De non comunicar nada, enténdese que se opta por avaliación continua. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS Quen non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán presentarse en xuño ou xullo, na data oficial correspondente. Nesta ocasión a avaliación consistirá nun exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota. IMPORTANTE Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación de polo menos 4 puntos no exame. De non cumprirse este requisito, aínda que a suma das partes alcance ou supere o 5 (sobre 10), a alumna ou alumno non superará a materia. Nas probas de avaliación non só se terá en conta a adecuación e calidade dos contidos, senón tamén a corrección lingüística e o rigor académico. No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta scualificarse cun cero.
O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá terpresente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou superior a C1.
|