Guia docente 2022_23
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Gramática do español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Presentación de tres exercicios breves ao longo do curso. 30
Traballo tutelado Presentación dun traballo escrito sobre un tema relacionado coa materia. 20
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame: pregunta(s) aberta(s) sobre temas do programa. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame: exercicios, actividades e problemas. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Todas as alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, serán avaliados co sistema de avaliación continua, que require a presentación de tres exercicios breves (30%), un traballo escrito (20%) e un exame (50%). Neste exame, que terá lugar na data prevista no calendario oficial da Facultade, concéntranse as partes da avaliación definidas como "exame: preguntas abertas" e "exame: exercicios, actividades e problemas".

Non se esixe asistencia a clase, aínda que se recomenda a todo o alumnado, presencial e semipresencial, que asista na medida das súas posibilidades. 

A entrega do traballo tutelado programarase para a terceira semana de novembro (16-20). A data é orientativa e pode ser necesario modificala dependendo da marcha do curso. As datas de entrega dos exercicios breves se irán indicando ao longo do curso e se farán públicas en Moovi. O alumnado, asista ou non a clase, debe manter o contacto coa docente e estar pendente da plataforma Moovi  para estar ao tanto das novidades ou axustes que se poidan producir.

Quen atope dificultade para respectar os prazos de entrega dos exercicios deberá contactar coa docente, que terá en consideración as circunstancias en cada caso e decidirá se procede facer algunha excepción.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

As alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, que non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán presentarse en xullo, na data oficial correspondente, nas mesmas condicións que as que rexen para xaneiro. Isto implica que, ademáis de facer o exame, terán que facer entrega do traballo tutelado e os exercicios prácticos breves. O alumnado que se atope no caso de ter aprobada algunha proba poderá conservar as cualificacións desa parte ou partes, previo acordo coa profesora, na oportunidade de xullo.

Tanto na primeira como na segunda edición das actas, non se poderá obter a cualificación de aprobado se non se alcanza un máximo de 5 puntos (sobre 10) en cada unha das partes que se indican a continuación: exame (no seu conxunto) e traballo tutelado escrito.

Tanto nos exames como no resto dos exercicios e probas propostos penalizaranse os erros de expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico, etc.). No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se puntuará.

O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou superior a C1.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000