Guia docente 2022_23
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Gramática do español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da profesora de contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que o estudante ten que desenvolver. O alumnado de réxime semipresencial terá acceso aos materiais necesarios a través da plataforma de teledocencia.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Os alumnos e alumnas deben desenvolver as solucións apropiadas ou correctas mediante a aplicación de diferentes rutinas ou procedementos. O alumnado de réxime semipresencial poderá acceder aos exercicios que se traballaron nas clases prácticas a través da plataforma de teledocencia; poderá entregalos para a súa corrección e comentario, cando cumpra, a través dos medios dispostos (plataforma, correo electrónico, etc.) nos prazos que se determinen.
Traballo tutelado A alumna ou alumno, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Recoméndase vivamente ao alumnado de réxime semipresencial que, de non poder asistir a esta sesión, na que se proporcionará información sobre o desenvolvemento e planificación do curso, póñanse en contacto coa docente por correo electrónico canto antes para tratar estes asuntos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000