Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Recoméndase vivamente ao alumnado de réxime semipresencial que, de non poder asistir a esta sesión, na que se proporcionará información sobre o desenvolvemento e planificación do curso, póñanse en contacto coa docente por correo electrónico canto antes para tratar estes asuntos. |
Lección maxistral |
Exposición por parte da profesora de contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que o estudante ten que desenvolver. O alumnado de réxime semipresencial terá acceso aos materiais necesarios a través da plataforma de teledocencia. |
Traballo tutelado |
A alumna ou alumno, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. |