O
estudantado será avaliado a través de dúas probas consistentes na
interpretación simultánea dun discurso na combinación PT>ES, cun valor do
40% cada proba. Os
criterios de avaliación serán os descritos no apartado anterior. ALUMNADO
DE AVALIACIÓN CONTINUA: As
probas terán lugar nas últimas semanas do calendario lectivo, previo acordo co
estudantado. A
porcentaxe da nota das probas será do 40% en cada unha, para o estudantado que
se acolla a este sistema de avaliación. Será
imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nas probas de
interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se
sumará a puntuación acadada nos outros apartados. Será
necesario aprobar todas as partes da materia para facer a media na avaliación
continua.
ALUMNADO DE AVALIACIÓN ÚNICA:
A proba terá lugar no día indicado no calendario de exames aprobado no
decanato.
A porcentaxe da nota do exame é do 100% para os estudantes que se acolleren a
este sistema de avaliación.
EXAME DE XULLO
O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no
calendario oficial. Empregaranse os mesmos criterios de avaliación que se
aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá
unicamente ao resultado do exame realizado nesta convocatoria.
|