Guia docente 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Portugués-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado presentarase a materia e a súa programación. Explicaranse os contidos, a metodoloxía, o funcionamento das cabinas e o sistema de avaliación.
Lección maxistral Ao fío dos traballos prácticos, trataranse na aula diferentes cuestións relacionadas co desempeño profesional da interpretación, as modalidades da actividade e as técnicas de interpretación máis estendidas nas distintas situación comunicativas.
Prácticas de laboratorio Trátase do traballo principal que se desenvolve nos laboratorios habilitados para a práctica da
interpretación. Realizaranse actividades relacionadas coas principais estratexias para a
interpretación simultánea na combinación pt>es, xunto con exercicios prácticos de interpretación simultánea en diferentes áreas temáticas. Para alén dos traballos realizados nas
aulas, o docente orientará os estudantes sobre os traballos prácticos de interpretación
simultánea que deberán levar a cabo por conta propia.
A finalidade é que o alumnado consiga realizar satisfactoriamente unha interpretación simultánea na combinación pt>es.
Debate O docente e os alumnos sentaranse para discutir, a modo de terapia, as diferentes dificultades que aparezan durante a realización dos exercicios prácticos. O obxectivo é que a posta en común contribúa a resolver os distintos problemas de interpretación que vaian xurdindo ao longo do curso.
Estudo de casos Coa axuda de materiais audiovisuais e textuais, presentarase e intentará resolverse diferentes dificultades que o intérprete tería que enfrontar durante un traballo de interpretación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000