Guia docente 2025_26
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Inglés-Galego
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Avaliación formativa na clase. Nas titorías, a persoa docente axudará o alumnado a reflexionar sobre as causas dos problemas de aprendizaxe e a deseñar un plan de traballo encamiñado á consecución dos obxectivos da materia.
Obradoiro Cada estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe da materia, expondo calquera dúbida a ese respecto desde as fases máis temperás da aprendizaxe, tanto na clase coma nas horas de titorías. Nas titorías axudarase o alumnado a reflexionar sobre as causas dos problemas de aprendizaxe e a deseñar un plan de traballo encamiñado á consecución dos obxectivos da materia. Non se descarta que cada estudante teña que procurar formas que impliquen máis dedicación da referida na guía docente, no caso de ter lagoas básicas de coñecementos esixidos como requisitos mínimos da materia. Mesmo neste caso, recoméndase que consulte as súas dúbidas canto antes para saber como superalas a tempo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000