Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado
Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula, corrección en aula de traducións previamente preparadas, revisión de traducións publicadas e/ou algúns exercicios relacionados coas sesións maxistrais.
A efectos de avaliación terase en conta a participación activa.
10 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE8
CE14
CE17
CT1
CT2
CT5
CT6
CT7
CT8
CT15
CT16
Resolución de problemas de forma autónoma
Realizarase 1 encargo de tradución, que constará da traducción dun texto en francés ao castelán precedida dunha análise inicial, e no que se incluirá un comentario razoado das decisións de tradución xunto coa relación ordenada alfabeticamente das fontes documentais consultadas.
A data do encargo será acordada entre as docentes e o alumnado. En todo caso será na segunda metade do cuadrimestre.
É necesario obter a nota mínima de 5 para poder aplicar as porcentaxes dos demais apartados.
40 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE8
CE14
CE17
CT1
CT2
CT5
CT6
CT7
CT8
CT15
CT16
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse 2 exames que consistirán na tradución razoada dun texto do francés ao español. Terán lugar na metade do curso o primeiro (20%) e o segundo (30%) na data fixada polo decanato para a convocatoria de maio.
Durante a realización das probas pódese consultar documentación en papel e electrónica.
É necesario obter a nota mínima de 5 para poder aplicar as porcentaxes dos demais apartados.
50 CB1
CB2
CB3
CB4
CE2
CE3
CE4
CE8
CE9
CE14
CE17
CE28
CT1
CT2
CT5
CT6
CT7
CT8
CT15
CT16
CT17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e estar ao tanto das datas  de entrega de traballos, probas etc.


O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá a perda do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.



AVALIACIÓN CONTINUA

1- O alumnado deberá informar ao profesorado nas dúas primeiras semanas de clase da súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para seguir esta modalidade recoméndase a asistencia continuada a clase e será obrigatoria a entrega de todos os traballos e tarefas.
2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases deben comunicárllelo persoalmente ás docentes para que tomen as medidas compensatorias que faciliten a conciliación laboral e familiar.
3- Non realizar algunha das dúas probas ou a encomenda implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas as cualificacións obtidas anteriormente. Será entón necesario presentarse á convocatoria de avaliación única.
4- É necesario obter a cualificación de 5/10 en nos apartados Resolución de problemas (exames) e Resolución de problemas de forma autónoma (encomenda) para superar a materia.

AVALIACIÓN DE XULLO
O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria
extraordinaria de xullo na data de exame oficial publicada polo decanato coas seguintes condicións:
1_ Terá que recuperar a parte que teña pendente (exame_50% ou encomenda_40%)
2_ ou , en caso de que teña ambas, realizará todas as probas de avaliación única e avaliarase segundo ese sistema

Poderanse usar dicionarios e fontes de documentación electrónicas en todas as probas.


AVALIACIÓN ÚNICA

Consistirá nun exame que constará das seguintes partes:
1_Proba presencial:
- tradución do francés (40%)
- comentario das decisións de tradución (20%)

2_Encomenda: (40%). Só se avaliará esta proba en caso de que se supere a proba presencial.
O alumnado realizará a tradución razoada dun texto.
Na análise inicial indicarase cal é o tipo de texto, cal é a súa estrutura na cultura de orixe e na cultura de chegada, así como as estratexias de tradución que ese xénero esixe (convencións formais, estrutura do texto, enunciación do emisor, enunciación do receptor, etc.).
Nun segundo apartado detallaranse as decisións de tradución e, por último, incluirase unha relación exhaustiva e con formato APA das fontes de documentación consultadas para a súa elaboración.

Poderanse utilizar dicionarios e fontes de documentación telemáticas en todas as probas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000