Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos A competencia oral activa e pasiva en francés resultan esenciais na tradución inversa ES-FR.
Co fin de avaliar a competencia oral activa, todo o alumnado deberá realizar unha exposición oral en francés sobre calquera das unidades do programa ou calquera outro tema da súa libre elección (previa consulta co profesor) relacionado coa materia. Puntuarase tanto a calidade do contido transmitido como a competencia de expresión oral en francés.
Por outra banda, co fin de avaliar a competencia oral pasiva, ao comezo da primeira sesión de cada semana realizarase un breve ditado en francés.
Para a avaliación final da materia, puntuarase tanto a exposición oral do alumnado como a totalidade de todos os ditados realizados en clase.
40 C2
C3
C12
C14
C24
C25
C33
D2
D15
Prácticas con apoio das TIC Os encargos de tradución inversa español-francés serán tramitados a través da plataforma Moovi. Valorarase moi positivamente a participación activa do alumnado cos seus comentarios nos foros de discusión e debate que se vaian creando tanto con cada encargo de tradución como con cada entrada bibliográfica específica de lectura recomendada subida á plataforma Moovi.
Por outra banda recoméndase seguir a actualización das entradas e artigos publicados nas distintas plataformas web 2.0 do profesor:
-Páxina docente facebook do profesor: https://www.facebook.com/joseyustefrias
-Blog de Yuste. On e sème à tout vent: http://www.joseyustefrias.com/index.php/blog
-Sur lles seuils du traduire: http://seuils.hypotheses.org/
20 C17
C20
C21
D2
D3
D7
D11
D12
Lección maxistral Probas puntuais propostas ao fío dos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais. 10 C9
D18
D19
D22
Resolución de problemas de forma autónoma Exame final cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT 30 C2
C3
C4
C5
C12
C25
C26
D2
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na plataforma Moovi especificaranse as datas de entrega de actividades, probas e encargos de tradución inversa que terán un peso específico na cualificación da avaliación continua.

En todas as probas propostas será imprescindible responder a todas as preguntas.

No exame final da avaliación continua haberá tan só dúas probas de tradución inversa español-francés: unha na que non se permitirá o uso de dicionarios nin de ningún tipo de material, e outra na que si se permitirá o uso de dicionarios e de calquera tipo de material.

A copia ou o plaxio serán penalizadas.

Con respecto á corrección tanto de todas e cada unha das probas do curso como do exame final (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) cabe sinalar que se prestará unha especial atención ao dominio das normas ortográficas, morfológicas e sintácticas da lingua francesa. 

¡Atención! Cometer más de tres faltas de ortografía en francés invalida calquera proba.

No caso de alumnos que non se acollan á avaliación continua, o exame final da avaliación única (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) constará de tres probas: unha parte teórica (respostas redactadas completamente en francés a unhas preguntas teóricas do temario: valor 50%) e outra parte práctica que consistirá en catro probas escritas de tradución inversa español-francés: dous na que non se permitirá o uso de dicionarios nin de ningún tipo de material e outras dúas nas que si se permitirá o uso de dicionarios e de calquera tipo de material. Ademais, concertarase unha cita co profesor para a realización de unha proba oral na que o alumnado responderá, en francés, ás preguntas formuladas polo profesor.

A convocatoria de xullo consistirá nun exame que constará das mesmas partes que a avaliación única, que se acaba de describir no parágrafo anterior. Nesta convocatoria de xullo as notas de evaluación continua obtidas polo alumnado que se acolló á evaluación continua seguirán contando na nota final da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000