Traballo tutelado |
O alumnado realizará e entregará un mínimo de 3 traballos de IE durante o cuadrimestre.
Todo o alumnado deberá realizar unha proba que consistirá nunha IE y que será corrixida e avaliada. Dita proba realizarase na data de exame oficial fixada polo Decanato e será imprescindible ter polo menos un 5 na devandita proba para facer a media co resto de notas e aprobar a materia.
No caso do alumnado que siga a avaliación continua dita proba será o 60% da nota. Para aqueles que non sigan a avaliación continua, dita proba será o 100% da nota. |
60 |
|
|
CE1 CE2 CE3 CE4 CE6 CE8 CE13 CE17 CE20
|
CT4 CT6 CT7 CT10 CT11 CT15 CT22
|
Foros de discusión |
Todo o alumnado deberá achegar comentarios sobre dúbidas/problemas que xurdan durante o desenvolvemento da materia, mediante o uso do “foro de discusión” da plataforma TEMA. Será necesario realizar polo menos tres entradas "elaboradas" durante o curso para obter unha cualificación. |
5 |
|
|
CE8 CE17
|
CT4 CT6 CT7 CT10 CT15
|
Dado o carácter práctico da materia, para a avaliación continua é moi recomendable acudir regularmente a clase e realizar todos os traballos de aula e exposicións que se detallan na presente guía. Ademáis é moi importante a puntualidade. O alumnado que non asista regularmente a clase, deberá realizar os traballos descritos (resumo oral da parte teórica, traballo en grupo e exposición oral, interpretación de enlace e participación en foro de discusión). O alumnado que renuncie á avaliación continua terá que facer un exame na data oficial que estableza o decanato. O exame consistirá na realización dunha interpretación de enlace sobre algún dos ámbitos incluídos no temario. A cualificación obtida no devandito exame será o 100% da cualificación final da materia e haberá que sacar como mínimo un 5 para aprobar a materia. Na convocatoria extraordinaria de xullo o alumnado realizará un exame final na data oficial que estableza o Decanato e que consistirá na realización dunha interpretación de enlace sobre algún dos ámbitos incluídos no temario. A cualificación obtida no devandito exame será a cualificación final da materia e non se terán en conta as notas obtidas durante a avaluación continua. Haberá que sacar como mínimo un 5 para aprobar. Aviso importante: A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma FAITIC (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas |