Guia docente 2020_21
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Todo o alumnado deberá realizar un resumo oral sobre un dos aspectos teóricos presentados durante as sesións maxistrais.
As exposicións faranse unha vez terminada a parte teórica.
15 CE3
CE4
CE6
CE8
CE13
CE17
CE21
CT1
CT6
CT7
Traballo tutelado O alumnado realizará e entregará un mínimo de 3 traballos de IE durante o cuadrimestre.
Todo o alumnado deberá realizar unha proba que consistirá nunha IE y que será corrixida e avaliada. Dita proba realizarase na data de exame oficial fixada polo Decanato e será imprescindible ter polo menos un 5 na devandita proba para facer a media co resto de notas e aprobar a materia.
No caso do alumnado que siga a avaliación continua dita proba será o 60% da nota. Para aqueles que non sigan a avaliación continua, dita proba será o 100% da nota.
60 CE1
CE2
CE3
CE4
CE6
CE8
CE13
CE17
CE20
CT4
CT6
CT7
CT10
CT11
CT15
CT22
Presentación O alumnado en grupos realizará unha exposición en clase sobre algún dos ámbitos nos que leva a cabo a IE. Todos os membros dun mesmo grupo, recibirán a mesma cualificación pola exposición que realicen en clase. É importante, por tanto, traballar ben en equipo. 20 CE2
CE3
CE5
CE8
CE13
CE17
CE20
CT5
CT7
CT10
CT11
Foros de discusión Todo o alumnado deberá achegar comentarios sobre dúbidas/problemas que xurdan durante o desenvolvemento da materia, mediante o uso do “foro de discusión” da plataforma TEMA. Será necesario realizar polo menos tres entradas "elaboradas" durante o curso para obter unha cualificación. 5 CE8
CE17
CT4
CT6
CT7
CT10
CT15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dado o carácter práctico da materia, para a avaliación continua é moi recomendable acudir regularmente a clase e realizar todos os traballos de aula e exposicións que se detallan na presente guía. Ademáis é moi importante a puntualidade. O alumnado que non asista regularmente a clase, deberá realizar os traballos descritos (resumo oral da parte teórica, traballo en grupo e exposición oral, interpretación de enlace e participación en foro de discusión).  

O alumnado que renuncie á avaliación continua terá que facer un exame na data oficial que estableza o decanato. O exame consistirá na realización dunha interpretación de enlace sobre algún dos ámbitos incluídos no temario. A cualificación obtida no devandito exame será o 100% da cualificación final da materia e haberá que sacar como mínimo un 5 para aprobar a materia.

Na convocatoria extraordinaria de xullo o alumnado realizará un exame final na data oficial que estableza o Decanato e que consistirá na realización dunha interpretación de enlace sobre algún dos ámbitos incluídos no temario. A cualificación obtida no devandito exame será a cualificación final da materia e non se terán en conta as notas obtidas durante a avaluación continua. Haberá que sacar como mínimo un 5 para aprobar.

Aviso importante:

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma FAITIC (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000