Observacións xerais: Corre por conta de cada estudante asegurarse de que posúe un nivel de
idiomas suficiente: as clases de tradución non son clases de lingua. Para o alumnado que non queira ou non poida acollerse á avaliación
continua, o exame será de avaliación única. Dúas ou máis faltas de ortografía (entre as que
se inclúen os acentos gráficos) e/ou dúas ou máis oracións carentes de sentido consideraranse erros moi graves e poderán
ser motivo de suspenso das probas de avaliación (encomendas, exames). Penalizarase a copia e o plaxio. Os envíos (traducións, prácticas etc.) e as entregas, sexa en formato papel, por correo electrónico o a
través de plataforma de docencia online, deben identificados nominalmente e sempre da mesma
forma (apelidos, nome): aqueles que non o estean non se aceptarán nin se terán en conta. A revisión dos exames realizarase, salvo impedimento de forza maior, que
haberá de acreditarse documentalmente, única e exclusivamente na data sinalada. Non se atenderán, salvo en casos
excepcionais e xustificados, requirimentos de
revisións por medio de correo electrónico ou análogos. Considérase que a guía docente da materia ten un carácter orientativo,
pois a heteroxenidade dos cursos e, dentro destes, a variedade en coñecementos, habilidades e
destrezas aconsella flexibilidade co fin de alcanzar da mellor maneira posible os obxectivos. Así pois, en función das
circunstancias, o programa da materia pode sufrir ou experimentar cambios en
calquera momento que se
comunicarán oportunamente. Avaliación continua: Nas tres primeiras semanas de docencia, cada estudante
deberá comunicar á docente
por medio dunha enquisa en Moovi creada para este efecto se opta polo sistema de
avaliación única ou
continua. Caso de non comunicar, entenderase que opta pola avaliación única. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o estudante non
puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. Para superar a materia é obrigatorio aprobar cada unha
das tres probas/metodoloxías. Do mesmo xeito, na proba de exame, cumprirá aprobar os dous exercicios (tradución e resumo) para aprobar
o exame. A/o estudante que non supere a materia en avaliación continua na primeira
convocatoria acudirá ás convocatorias seguintes en avaliación única e deberá superar un exame (véxase
máis abaixo «Avaliación única») con todos os contidos da materia. Para unha axeitada avaliación e aproveitamento, recoméndase unha
asistencia asidua e participativa ás aulas. Avaliación única: O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia
nas datas
establecidas pola FFT. O exame de avaliación única constará nun exercicio de tradución do alemán cara ao
español dun texto de
aprox. 300 palabras que, ademais, poderá incluír preguntas de xustificación das decisións adoptadas, e mais no resumo en español dun texto en alemán. Poderá incluír tamén algunha pregunta sobre a bibliografía básica. Cómpre aprobar todos os exercicios (dous ou tres, segundo o caso) para aprobar o exame. Caso de suspender unha parte, a/o estudante examinarase na segunda
convocatoria e seguintes de novo de todos os contidos. |