Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Alemán-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado, a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación. O alumnado deberá familiarizarse cos recursos bibliográficos dispoñibles na biblioteca.
Resolución de problemas Neste apartado realizaranse análises de texto, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Idioma II, así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais.
Estudo de casos Neste apartado, o alumnado analizará situacións de tradución reaise fará propostas de forma autónoma; debateranse en grupo diferentes opcións e solucións.
Lección maxistral Inclúe a explicación por parte da docente dos contidos teóricos da materia.
Eventos científicos Inclúe a asistencia a eventos de tipo científico que se poidan realizar de forma presencial ou virtual e que estean relacionados cos contidos da materia e, en xeral, da titulación. O alumnado deberá sacar conclusións persoais do evento e compartilas a través dun foro de discusión.
Aprendizaxe baseado en proxectos Simularase unha encarga de tradución que o alumnado deberá resolver en equipos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000