Actividades introdutorias |
Neste apartado, a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación. O alumnado deberá familiarizarse cos recursos bibliográficos dispoñibles na biblioteca. |
Resolución de problemas |
Neste apartado realizaranse análises de texto, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Idioma II, así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais. |
Lección maxistral |
Inclúe a explicación por parte da docente dos contidos teóricos da materia. |
Eventos científicos |
Inclúe a asistencia a eventos de tipo científico que se poidan realizar de forma presencial ou virtual e que estean relacionados cos contidos da materia e, en xeral, da titulación. O alumnado deberá sacar conclusións persoais do evento e compartilas a través dun foro de discusión. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
A alumna ou alumno deberá realizar unha encarga de tradución que irá acompañada dun comentario das principais dificultades e das formas de resolvelas. |