Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Haberá dúas encomendas de tradución/revisión, que contarán, cada unha, un 20 % da nota da materia. A primeira será para entregar na semana 06 do cuadrimestre. A segunda será para entregar na semana 13. As instrucións vanse completar na clase.

De haber algún cambio con respecto ás datas, comunicaríase con suficiente antelación ao alumnado a través de Faitic.
40 CB1
CB2
CB3
CB4
CE1
CE2
CE3
CE4
CE8
CE17
CE18
CE22
CE27
CE33
CT4
CT7
CT9
CT14
CT22
CT23
Traballo tutelado O alumnado deberá facer un traballo de tradución/revisión. Será para entregar na semana 10 do cuadrimestre. As instrucións vanse completar na clase.

De haber algún cambio con respecto ás datas, comunicaríase con suficiente antelación ao alumnado a través de Faitic.
30 CB2
CE3
CE4
CE8
CE27
CT4
CT9
Proxecto O alumnado deberá facer un proxecto en equipos sobre aspectos culturais de EEUU ou Australia. O proxecto constará dun traballo escrito e unha presentación, que terá lugar durante as últimas dúas semanas de clase en horario de clase. As instrucións vanse completar na clase.

De haber algún cambio con respecto ás datas, comunicaríase con suficiente antelación ao alumnado a través de Faitic.
30 CB2
CB3
CB4
CE2
CE8
CE17
CE22
CT7
CT9
CT14
CT17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado pode acollerse ao sistema de avaliación continua ou
ao sistema de avaliación única. Os dous sistemas de avaliación son
mutuamente excluíntes e o alumnado deberá indicar por escrito á docente
nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre por cal deles opta.

Avaliación continua

O alumnado deberá seguir os requirimentos arriba indicados.

Avaliación única

O
alumnado que siga o sistema de avaliación única deberá mandar unha mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da
data marcada no calendario oficial para recibir as condicións das probas de avaliación. Estas abranguerán todos
os contidos da materia, tanto teóricos (nunha proba que suporá o 30% da
nota da materia) como prácticos (o 70% da nota).

O alumnado de
avaliación única que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será
cualificado con Non presentado.

Segunda edición de actas

O
alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria poderá
presentarse á segunda. Para iso deberá poñerse en contacto por correo electrónico ata dous días antes da data marcada no calendario oficial para ser avaliado de todos os contidos da
materia, tanto teóricos (que suporán o 30% da nota da
materia) como prácticos (o 70% da nota).

O alumnado que non se
puxera en contaco o día da convocatoria oficial será cualificado con Non
presentado.

Outros comentarios

Presencialidade

Enténdese
que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que
poder asistir ás clases de forma regular. O alumnado que desexe cursar a
materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas
non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas
circunstancias á docente, para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio

A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Teledocencia

É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a
través da plataforma FAITIC e de estar ó tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000