O alumnado pode acollerse ao sistema de avaliación continua ou
ao sistema de avaliación única. Os dous sistemas de avaliación son
mutuamente excluíntes e o alumnado deberá indicar por escrito á docente
nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre por cal deles opta. Avaliación continua O alumnado deberá seguir os requirimentos arriba indicados. Avaliación única O
alumnado que siga o sistema de avaliación única deberá mandar unha mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da
data marcada no calendario oficial para recibir as condicións das probas de avaliación. Estas abranguerán todos
os contidos da materia, tanto teóricos (nunha proba que suporá o 30% da
nota da materia) como prácticos (o 70% da nota). O alumnado de
avaliación única que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será
cualificado con Non presentado. Segunda edición de actas O
alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria poderá
presentarse á segunda. Para iso deberá poñerse en contacto por correo electrónico ata dous días antes da data marcada no calendario oficial para ser avaliado de todos os contidos da
materia, tanto teóricos (que suporán o 30% da nota da
materia) como prácticos (o 70% da nota). O alumnado que non se
puxera en contaco o día da convocatoria oficial será cualificado con Non
presentado. Outros comentarios Presencialidade Enténdese
que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que
poder asistir ás clases de forma regular. O alumnado que desexe cursar a
materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas
non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas
circunstancias á docente, para buscar as alternativas correspondentes. Plaxio A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Corrección lingüística A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. Teledocencia É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a
través da plataforma FAITIC e de estar ó tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar. |