Guia docente 2022_23
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Elaboración de 3 traballos escritos (Writing): Formal letter, Summary, Opinion Essay. 30 CB2
CB4
CB5
CE1
CE4
CE13
CE18
CE24
CE27
CE30
CT2
CT4
CT6
CT9
CT22
CT23
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de avaliación da destreza de comprensión escrita (Reading). Unha das probas avaliará a comprensión do libro de lectura obrigatoria (10%). 30 CB1
CB5
CE1
CE2
CE18
CE24
CE25
CE27
CE30
CT2
CT4
CT9
CT10
CT17
CT22
CT23
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de avaliación dos contidos lingüísticos (Use of English: Grammar and Vocabulary). 40 CB2
CB5
CE1
CE4
CE13
CE18
CE24
CE27
CE30
CT2
CT4
CT6
CT9
CT15
CT22
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS:

O estudantado poderá acollerse á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2) e ten que comunicarse ao profesorado da materia antes da fin da segunda semana de clase.

A.1) Avaliación continua

Avaliación continua na primeira edición das actas. Recoméndase a avaliación continua e o traballo diario na materia, xa que o estudo constante e progresivo é o sistema máis axeitado para a aprendizaxe dun idioma. Para acollerse ao sistema de avaliación continua, se recomenda ao alumnado asistir e participar con regularidade ás sesións presenciais, tanto teóricas como prácticas así como realizar as tarefas e exercicios que se lle requiran. Recoméndase acollerse a este sistema e para superar a avaliación continua será necesario:

1) Aprobar cada unha das destrezas comunicativas (Reading: 30% and Writing: 30%) e a destreza lingüística (Use of English: 40%). Na segunda edición de actas o estudantado só terá que presentarse ás destrezas suspensas.

2) Realizar 3 traballos escritos (Writing) e 3 probas de comprensión escrita (Reading), incluíndo este último 1 proba baseada na comprensión do libro de lectura. As datas da realización das probas anunciaranse na plataforma de teledocencia.

3) Aprobar 1 proba final que constará dun test de resposta curta sobre os contidos lingüísticos (Use of English: Grammar and Vocabulary). A proba final realizarase na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta de FFT.

Para superar a materia, o estudantado ten que aprobar todas as partes cunha nota mínima de 5.

A avaliación continua do estudantado require que o alumnado demostre as súas capacidades con regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos que os alumnos non realicen ou non entreguen contarán como un 0.

A.2) Avaliación única

O estudantado que non realice ningunha proba parcial poderá presentarse á avaliación única, que consistirá nunha única proba global final que computará o 100% da cualificación final. A proba única constará das seguintes partes:

- Use of English (40%), Writing (30%), Reading (30%, incluíndo unha tarefa sobre o libro de lectura obligatorio 10%).

Para superar dita proba o estudantado ten que aprobar todas as partes cunha nota mínima de 5. Conservaranse as partes aprobadas para a segunda edición das actas. O exame realizarase na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta de FFT, coincidindo coa proba final de avaliación continua.

B) SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS:

O estudantado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será availado na segunda edición mediante unha proba única que terá as mesmas características que a proba única da primeira edición das actas:

- Use of English (40%), Writing (30%), Reading (30%, incluíndo unha tarefa sobre o libro de lectura obligatorio 10%).

Para superar esta avaliación o alumnado ten que aprobar cada unha das partes. A data desta proba será fixada pola facultade e publicada na paxina web.

Todas as probas ou tests da materia teñen como modelo as do certificado “Cambridge Proficiency in English” e as indicacións fixadas para o nivel C2 no Marco Europeo de Referencia para o Ensino das Linguas.

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, tableta ou conexión a internet ou outros medios electrónicos.

O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá o suspenso automático na materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000