Na eventualidade de a materia ou parte da materia ter de ser ministrada de xeito non presencial serían mantidas as mesmas metodoloxías, conteúdos e tutorías, coa resalva de que serían desenvolvidas de maneira telemática facendo emprego das diversas ferramentas fornecidas pola Universidade de Vigo.
O mesmo se aplica aos procedimentos de avaliación, aínda que neste caso permitiríase que os estudantes a seguiren o curso presencialmente polo sistema de avaliación continua puidesen, de ser necesario para superaren a matéria, apresentarse à proba final de avaliación única.
Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento. |