A avaliación
é continua; para ser avaliada/o na materia será necesario ter entregado os
traballos na data requirida, un traballo a mediados de cada mes. Tamén se terá
en conta a participación activa no curso. Só computarán para facer a media as probas
ou traballos cun mínimo dun valor de 4/10; se non, o alumnado terá que ir á sesión final. En caso de plaxio, a nota final será de suspenso. Haberá
una proba final para o alumnado de avaliación continua na última semana de
docencia que será publicada en Moovi. Será de contido práctico e teórico
(60%: 40% de aplicación da parte teórica e 20% de avaliación da expresión e comprensión escrita). Para superar a materia, farase a media e haberá que superar cun mínimo
dun 4 cada una das partes. Terase
en conta para a avaliación: a lectura do libro como destreza de comprensión
lectora, a expresión oral, a argumentación, a expresión escrita e a gramática
vista ao longo do curso. Para o alumnado non acollido a esta modalidade a nota da proba será un
100%. O examen para o alumnado de avaliación única será a data establecida
no calendario de exames da FFT. As/Os estudantes que non superen a avaliación continua e as/os que non se presentaron ao final farán en xullo unha proba final que contará coma un 100% da nota (30/70
parte práctica e teórica) na data establecida no calendario de exames da
FFT. A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso global da materia. Alegar descoñecemento do que
supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A
avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das
respostas senón tamén a súa corrección lingüística. |