A avaliación é continua; para ser avaliado na materia será
necesario ter entregados os traballos na data requirida,un traballo
a mediados de cada mes. Tamén se terá en conta a participación
activa no curso. Solo computarán para facer a media as probas e traballos cun mínimo dun valor de 4/10. No caso contrario, o alumno deberá ir a
avaliación final. En caso de plaxio, a nota final é de suspenso. Haberá
unha proba final para os alumnos de avaliación continua
na última semana de docencia, será publicada en Moovi; será de contido
práctico e teórico (60%). Para superar a materia farase a media e
para isto é necesario ter un mínimo dun 4 en cada unha das
partes. Terase en conta para a avaliación: a lectura do libro como
destreza de comprensión lectora, expresión oral, argumentación expresión
escrita, e a gramática vista ao longo do curso. Para os alumnos non acollidos a esta
modalidade : a nota da proba será un 100%.
O exame para o alumnado de avaliación
única será a data establecida no calendario de exames da FFT
Os alumnos que non superen a avaliación continua e os que non se presentaron á
proba final de xuño farán en xullo unha proba final que contará como
un 100% da nota (30/70 parte práctica e teórica) na data establecida no
calendario de exames da FFT.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da
súa responsabilidade neste aspecto.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido
das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. |