BLOQUE 2.
Imaxe de mapa de bits. |
Principios de creación, edición e tratamento da imaxe de mapa de bits. Características técnicas da imaxe dixital: resolución, dimensión, modos de cor, remostreo, redimensión, optimización e exportación de arquivos para distintas saídas. Ferramentas de debuxo, pintura, texto, retoque, trazado e composición. Organización do traballo mediante capas, seleccións e máscaras. Control tonal e cromático: luz, histogramas, niveis, curvas, limpeza de debuxos, coloreado dixital, modos e axustes de cor, canais e corrección de dominancias. Procedementos de retoque, transformación de imaxes e aplicación de filtros. Edición non destrutiva: capas de axuste e de recheo, máscaras, estilos de capa e modos de fusión. Procesos de dixitalización de debuxos e aplicación de técnicas mixtas analóxico-dixitais no desenvolvemento da ilustración. (Software de apoio: Photoshop, Affinity) |
BLOQUE 3. Imaxe vectorial.
|
Conceptos fundamentais do traballo con gráficos vectoriais. Configuración do espazo de traballo, creación de documentos e organización mediante capas. Debuxo con curvas e construción de formas vectoriais. Integración de texto e imaxes no proxecto gráfico. Principios básicos de tipografía, composición, maquetación e uso de retículas. Preparación de arquivos finais e exportación en formato PDF. Elaboración de fichas técnicas: función, conceptos básicos, estrutura, modelos e criterios de presentación profesional.(Software de apoio: Illustrator, Indesign, Affinity)
|
| BLOQUE 4. Contorna dixital na moda |
Aplicación dos recursos dixitais ao ámbito da moda e á dirección visual de proxectos. Creación de moodboards e collages como ferramentas de investigación, conceptualización e definición estética. Desenvolvemento de estampados: tipoloxías, criterios compositivos e creación de posicionais. Elaboración de fichas técnicas vinculadas ao produto, á colección e á súa comunicación. Deseño e presentación de materiais visuais da colección en lookbook, editorial e campañas: diferenzas, similitudes e interaccións. |