Guia docente 2026_27
Facultad de Diseño
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Deseño e Contorna Dixital
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas Formularanse exercicios de resolución formal, técnica e conceptual orientados á aplicación dos contidos desenvolvidos nas sesións presenciais. Estas actividades permitirán consolidar os coñecementos da materia mediante a práctica progresiva, a experimentación con recursos dixitais e a toma de decisións estéticas e técnicas. As correccións realizaranse dentro das horas de docencia presencial, atendendo ao nivel de partida, á evolución e ás necesidades específicas do alumnado.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado desenvolverá de maneira autónoma os exercicios e tarefas propostas, aplicando os procedementos técnicos e conceptuais traballados na materia. Este traballo permitirá afianzar a aprendizaxe, explorar solucións propias e mellorar os resultados a partir da revisión crítica do proceso. O alumnado poderá recibir apoio docente nas sesións presenciais e nas horas de titoría, especialmente para resolver dúbidas, orientar decisións de desenvolvemento e mellorar a adecuación técnica e comunicativa das propostas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000