Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
4.5
OB
1
1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Ricoy Lorenzo, María Carmen
Correo-e
cricoy@uvigo.es
Profesorado
Failde Garrido, José María
Membiela Iglesia, Pedro
Ricoy Lorenzo, María Carmen
Seoane Pérez, Emilia
Web
Descrición xeral
O Módulo 4 Procesos formativos en persoas adultas, está integrado pola materia de: Educación de adultos e Calidade de vida para as persoas maiores. Esta materia de Educación de adultos e a primeira que se imparte neste módulo, durante o primeiro cuadrimestre.
Os contidos desta materia xiran ao redor do:
- Deseño de programas e metodoloxías de ensino-aprendizaxe para adultos
- Os programas universitarios para maiores
- Ageismo: actitudes, prexuízos e estereotipos cara as persoas maiores
Esta materia permite adquirir unha formación teórico multidisciplinar e comprender os fundamentos teorico-prácticos relacionados coa educación de persoas adultas, coñecendo e analizando situacións reais tanto en contextos educativos formais como non formais e establecendo contacto directo con experiencias, así mesmo favorece a adquisición de coñecementos e destrezas axeitados para o deseño e posta en práctica de proposta de intervención no ámbito da educación de persoas adultas.