Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Educación de Adultos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado realizará diferentes exercicios que se plantexaran na materia para mellorar a comprensión sobre o contido.
Foros de discusión Dentro do espazo virtual na plataforma TEMA o alumnado participará no debate e discusión de diferentes tópicos relacionados coa materia.
Saídas de estudo/prácticas de campo O alumnado participará a lo menos nunha sesión na que está programada unha saida para visitar diferentes centros de educación de adultos.
Titoría en grupo Aquel alumnado que o precise poderá realizar consultas de tipo personalizado e en pequenos grupos para clarificar dúbidas, obter asesoramento sobre a realización dos traballos e exercicios, etc.
Presentacións/exposicións Intervención en pequenos grupos para expor verbalmente e co apoio de recursos didácticos os diferentes traballos.
Actividades introdutorias Plantearase algunha actividade inicial para recabar información sobre os coñecementos previos cos que conta o alumnado, así como para presentar a materia.
Outros Para poñer en contacto o alumnado con experiencias sobre formación de persoas adultas levarase, no posible, un invitado que relatará aspectos relevantes sobre a mesma.
Sesión maxistral O profesorado exporá oralmente contidos centrais da materia apoiándose en recursos didácticos e incorporará estratexia que promovan a participación do alumnado, atendendo tamen a resolución das diferentes dúbidas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000